Blogia

churrascada

Voto útil

o pp bota man da falanxe para tirarlle o escano ao BNG

O Secaño do BNG

Artigo moi bo sobre o escano perdido do BNG
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20040628123229

Logo de ver o xornal e o reparto hostiario das medallas castelao. Quen lle escribirá os discursos a Fraga? Disque incluso chegou a entoar o célebre:

Compañeiro Daniel ...

Núñez Feijoo non llos debe escribir verdade? Quen será será...

Ollo á negra sombra que os falcóns andan tras dos estorniños.

Cultura de país

Cultura de país

Unhas cantas rachas de madeira, unha boa grella chea de graxa, un mandilón para non queimar o buche, un petrucio con gañas dunha insolación asistida, un pinche preparado, chourizos e carne a matar, pastillas para facer as ascuas que non falten (soplete para saír do paso), empada de sardiñas de entrante. Unha ducia de cervexas para recoller o aceite da grella, a radiño cos partidos, o cuñado que acaba coas cervexas e come os primeiros anacos (posúe autoconvite), viño de barrantes coas tazas (semilavadas, color realmadrí que non falle).

Rachas ao lume e agardar polas ascuas. Este blog inicia a súa camiñada.