Blogia

ciberlinguaribadeo

Aquí seguimos

Aquí seguimos

Despois de pasar unha agradábel noite na fonda Orol, rexentada por un amábel e simpático taberneiro, seguimos aquí aplicados na preparación do curso. De momento non temos moito máis que contar a non ser que somos uns expertos coñecedores da Mariña, así que se queredes uns guías para próximas visitas, xa sabedes. Por certo por unha semana non pillamos as festas de Burela, outra vez será.

GASTROENTERITE

Como o oídes, un andazo vírico que camiña por Ribadeo atacounos o xoves pasado sen darnos outra opción que a de marchar co rabo entre as pernas e a raba na boca. Nunca nunha tal nos vimos, comezamos por nos desidratar e como único remedio para os nosos males o doutor receitounos unha fin de semana no sofá ou no seu defecto na cama, pero claro, para estar na cama non tiñamos compaña e tivemos que quedar no sofá. Mala escolla por certo dada a situación estratéxica dos sofás nas salas e comedores das casas: diante o televisor; vaia que nos foi imposible escapar da tortura da retransmisión da gran voda, e nós, que somos tan republicanos.

Un mal día

Parece que a sorte non vai con nós, onte ávidos de coñecer este fermoso lugar saímos do obradoiro coa ansia de tomar uns viños relaxadamente pero cal foi a nosa sorpresa que non demos coa zona de viños de Ribadeo, ¿non haberá?, ¿seremos tan inútiles como para non a atopar?. Pensamos que vivir na inmensidade dunha vila coma Pol ou A Chaparra pode que nos faga sentir abrumados nunha inmensidade urbana coma a de Ribadeo, é que che somos da aldea.
Para máis inri, hoxe pola mañá decidos a tomar uns baños de sol cantábrico acordamos cunha néboa que cubría calquera areal a 50 quilómetros á redonda, nin praia nin sol, a ver se o Santo Pemán nos axuda para mañá poñédelle unha candea por favor.

Benvidosas

Ola, moi boas.
Un cordial saúdo a todosas osas que vos asomedes por este pequeno recuncho da rede. Hoxe comezamos unha nova andaina dentro do proxecto Ciberlingua que está a espallar o galego a través da internet por todo o país, agora tócalle a Ribadeo. Por certo vila moi fermosa que Roberto e máis eu, Xocas, esperamos coñecer a fondo durante estas dúas semanas, un saúdo e sede benvidos.
Por certo aceptamos suxestións para pasar o tempo en Ribadeo e comarca. Animádevos.