Blogia

galegogz

as terminacións (-ancia, -encia, -eo, -eu, -ao, -au)

Xa vedes as cousas teñen a súa razón de ser. Agora tocavos a vós facer as prácticas.
Unha vez máis eu lanzo o reto. Desta volta cada persoa debe escribir unha frase que conteña polo menos dúas palabras que resultaron das engádegas que se fixeron ás terminacións arriba referidas no último proceso de reforma normativa do galego. O tema: As solas do zapato do profesor de mates.
Quen é a primeira?

Bienvenida/o ao weblog galegogz

Benvida/benvido ao weblog galegogz...
que é? é un weblog sobre os cambios normativos...
un dos poucos espazos que lle faltaba por conquistar ao debate normativo:
OS WEBLOGS...
mais, desta volta tentamos achegar unha man de esforzo ao seu tratamento no ensino.
Aquí atoparedes propostas de actividades para reforzar as modificacións, as propostas "duais" e debater por que se dan estes cambios...
Para ti que aínda non mercaches as novas normas, para ti que a profe de matemáticas che baixou dous puntos por ter faltas de ortografía, para ti que estás aprendendo galego... para todas e todos os que queremos vivir nun país normalizado lingüística e ...