Blogia

ningures

Xa o di a canción

Xa o di a canción

A vida, é o que ten, que é tal que así.

Treboada

Treboada

Sempre q marcho da Cidade de Pedra, chove. ¿Q quere dicir?.
Desta houbo treboada, estivo ben furioso o ceo. Tanto ten se é verán, inverno, outono...
Sempre chove o día q eu marcho. Treboada. Enfadouse comigo? ¿É tristura e xenreira pola miña marcha?.
É só q se achega o verán.
As veces as cousas teñen senso, a meirante parte das veces, ningún.

Na procura do meu Asteroide

Na procura do  meu Asteroide

Oxalá fóra tan sinxelo, como q me trabáse unha serpe, oxalá fora tan sinxelo atopar o meu lar.
Oxalá fose inocente.

Pantasmas

Pantasmas

Chegan os pantasmas, a lo menos algún deles, chegan para me asustar, a min e a quen entra na miña burbulla. Doe ver que a mitoloxía teñen a súa base de realidade. Terei que facer unha limpeza esotérica...
Valerá cando as pantasmas son de carne e oso?

Berrando aos xordos

Berrando aos xordos

Fai tempo q non escribo, pódeme a desilusión, o feito do baldeiro, dentro e fora de min. Pode q debera usar outros medios de expresión, q tamén sei diso. Desta lingua, e da xordeira, outra deficiencia social q merece páxinas do camarada José Saramago.
En fins. En resumo: "A quien le importa como esta mi alma, mas sola que la luna y mas triste el silencio, y a quien le importa ser Poeta o ser basura" e lendo entre liñas un pouco de eiquí, un pouco de alí... Algún sonriso, e fervenzas de bágoas

A cara oculta da Lua

A cara oculta da Lua

Aí estou eu. Si, hai enriba, dentro da miña burbulla, vagando polo baldeiro do espacio sideral (neste caso, espacio virtal).Por suposto, viaxando cara ningures. A miña burbulla protéxeme, e tamén me ailla, da descompresión q sufriría de ter contacto directo con este baldeiro e probocaría a miña morte.
O malo e q no baldeiro, o son non se propaga, e por muito q berre non serei escoitado.
Isto, o que estas a ler, ven sendo a cara oculta da Lua. A cara q dende a terra nunca se ve.

Ninguén

Ninguén

Se hai q falar de min, o primeiro a dicer é q son "raro, no digo diferente, digo raro" (La Casa por el Tejado), tamén son un peixe nunha gaiola, "soy todo lo q me pasa" (El ojo que me mira).
Facendo así un pequeno resumo da miña personalidade, se ben son muito mais complexo q todo isto, e non por iso deixo de ser excesivamente sinxelo.
As letras das cancións... As veces serven de espello, muito mellor q un de vidro, por sorte eu vou mirandome nas pucharcas, eu non preciso espellos (Feo).
Teño muitas mais cancións, tantas coma defectos, tantas q ao mellor as persoas noctambulas, esas q non poden durmir e pasan as noites vendo o teletenda agardando ver un incrible pelapatacas ou ter unha butterfly pillow pra durmires ben, poderían ter visto o anuncio do meu recopilatorio de cancións :"NON DIPOÑIBLE EN TENDAS, SO AQUI PODERÁS MERCAR O MELLOR DA MÚSICA DEPRIMENTE NUN MAGNÍFICO ESTUCHE DE 20 CDS E A UN PREZO INCRIBLE" "E SE CHAMAS AGORA, AGASALLÁMOSTE CUNHA BUTTERFLY PILLOW"

Primavera

Primavera

Está chegando, xa cheira Pouco a pouco fanse máis frecuentes os risos dos cativos nas ruas, as frores nos xardíns, as bolboretas...
A máxia da vida faise máis patente, os cadelos andan a foder en calquera rúa ou parque,os paxaros costruen niños..., nos, os humanos, tentamos ser máis discretos, máis non podemos escapar ao efecto q Gaia nos depara para esta "turbulenta" época do ano.
Virán tempos mais tranquilos, mentras, sufriremos e desfrutaremos da nosa parte menos racional, do noso lado animal. Mostra de q ainda non nos alonxamos muito da natureza q, cada vez menos, nos rodea: formamos parte dela e a nosa "racionalidade" é, tamén, froito dela.

O universo dentro de min (I)

O universo dentro de min (I)

As veces, ao espertar, sinto q a miña pequena cama tornou enorme, mais non é porque ela medrara, se non porque minguo eu. Esta sensación non marcha ao me erguer se non q me acompaña o resto do día, cando menos.
Eu fagome pequeno, e mais pequeno, pasando desapercivido, esquivando ollares.
Eu convirtome nunha estrela supermasiva ou estrela de neutróns, a piques de me converter nun novo buraco negro, presto a absorver toda a merda do meu redor.
Esta é unha sensación horrible, xa q as estrelas poden ter dous finais, eu temo, chegar algún día, a estoupar cal supernova e chegar a me convertir nun buraco negro.
Polo de agora, son unha simple enana branca.

Serotonina

Hoxe vai un día de sol. Tempo estrano na Cidade de Pedra.
Hoxe marchou a dereita. Tempo estrano no Pais Cañí.
Eu, home de ciencias, vexo incrementado, gracias ao sol, o meu nivel de Serotonina nos miolos, o q me fai mirar dun xeito mais optimista o día.
Falta me facía un pouco de sol, e q o ar comece a cheirar a Primavera. Os cambios sempre veñen ben.

Mal menor

Seica cambiou o "panorama". Supoño q as veces as cousas cambian pra seguires igual.
Tras catro anos de "dictadura democrática" ábrese a porta a unha posibilidade de democracia.
A ver, eu non confio muito, mais penso q era primordial sacar das súas cadeiras aos tipos eses do PP por muitos motivos. É unha mágoa q se tivera q derramar tanto sangue pra q a xente reaccionara, mais este é o "noso pais" e asi nos vai...
O mais curioso é q ata eu estea a falar aqui disto. Este "experimento" q fixen na rede non nasceu pra soltar politicadas, se non as miñas paranoias subrealistas particulares, pero os últimos acontecementos foron tan paranoico-subrealistas q non fai faia mais.

Aclaracións

Sobre o meu "apodo": NINGUÉN, eu, realmente, son ninguén.
Sobre o meu "blog": NINGURES, cara onde eu vou.
Eu son un ninguén que vai cara ningures.

Pouco q dicir

Vendo o Grande exito q esta a ter este blog. Xa tiven dous comentarios ao meu primeiro estúpido artigo de proba, seguirei a traballar.
Mais perdoade q non empece hoxe, non é un bo día para ninguén, nen tan se quera en Ningures.
Agardo q, en datas mais felices, siga a "aumentar" o meu clube de fans.
TERRORISMO NUNCA MAIS!!!

Proba

Vou ver como vai isto. funciona??? 123 Probando.. Mesescucha