Blogia

O Gordo Txon

Excelentes novas

Rapaces e rapazas, aínda que siga sen un can, estou moi ledo. As notas xa chegaron e foron bastante boas.
Xa teño a Sergio, Keko, Lore, Iñigo e Txus moi pero que moi próximos a ser titulados universitarios.
Os rapaces e rapazas de selectividade lucironse, porque amáis de matarse a adestrar, teñen unhas notas razoablemente boas, eu penso que estupendas. Parabéns para Antón, Antonio, Aaron, Anxo, Borja, Sergio, Dara, Belén e Antía especialmente por unha banda, e a Marta, Sabela,Miriam,Yaiza,Esther,Mariana... por outra. Aínda que non lle dea para xornalismo, estou especialmente ledo con Anxo, que subiu media. Moitos/as reclamaredes, agardo que bos dean a razón.
Por certo, o Toñito coma campión da Olímpiada de Química que é, vai representar a España nas olímpiadas Internacional(Taiwán) e Iberoamericana (Perú), durante este mes de xullo. Se queremos estar con el haberá que apurar estes días. Toda a sorte do mundo e lembra: por mal que saian as cousas, NADA de patadas nin cabezazos contra a parede ;P.
Parabéns especiais para "flacuchito" Pen, que asegúrase co aprobado unha vidorra de rajá-rastafari en Barna...
Nos máis cativos e cativas houbo de todo pero parece que haberá que afinar máis. Parabéns para Ubito, Reigo e Diego, Patri, Antía & Co.
Francamente orgulloso de todos vós. Agardo que Gon, Heroe,... sigan a darnos estas ledicias...
Ánimo, sorte e un bico: I Love You

Ubito

Ubito

E estrenarei esta galería con alguén que hai un ano non creería que aparecese vencellada ó meu nome agás nun acta de baloncesto...
Pois si: de apenas ser unha molestiña a ser unha persoa importante na miña vida. O mundo é moi estrano.
Bo tío, excepcional. Lémbrame ó Pen, quen tamén terá un lar destacado nesta galería. Desta xente de arrolladora sinxeleza, legal,... dos que "te tocan a man e te chegan ó corazón".
É xenial un pavo que realmente cre que eres bo na sua vida, que te concede mérito en que el mesmo se destape coma unha excelente persoa, coma alguén que dalgún xeito, e sen moita confianza, vai ser quen de vivi-la sua propia vida e moldear á sua moda o seu destino.
Ten un mérito enorme, aínda que só sexa por ser quen de mandar a tomar polo cú unha dúcia de prexuízos, e un par de pantasmas meus... E case sen inmutarse...
Ademáis diso é quen de da-las gracias por aturarme, polos meus consellos [a min parécenme boísimos, pero tal vez a vida sexa outra cousa], de quererme,de crer que son "excepcional" por querelo... e de facerme sentir "so fucking special" sendo un "creep"...
El non crerá o que estou a escribir. Penso que non se valora ben: é patoloxicamente inseguro. Pero escomenza a experimentar certezas, e escomenza a saberse querido, que non vai estar só,... (Tranqui, que non vas estar máis só)
En definitiva, que te quero Ubito, que é un pracer e que... Ánimo e sorte.
Un bico

PD: " Y tiene tantas dudas (...) y como te podría yo explicar, que la pena dura tanto como quieras tu seguir llorando..."

Estou a escoitar

Estou a escoitar unha música marabillosa. Grandísimas letras que na voz de Iván Ferreiro son quen de conmoverme dun xeito decisivo. As letras son de Maga, que son uns sevilláns estupendos, e de Los Planetas, grupazo cun vocalista moi persoal pero que non me remata de chegar. Deixo as letras para que as disfrutedes:

Los Planetas
TOXICOSMOS

Caminamos por colinas
de cebolla y de metal
con recuerdos de otras vidas
cosas que han pasado ya.
Y aunque los huesos duelen
cada paso duelen más
algo así no debería terminar.

Recorremos el camino
sin volvernos hacia atrás
por columnas de cenizas
por iglesias de cristal.
Y estamos bajo el agua
y estamos bajo el mar
pues se hace más difícil respirar.

Se acercan mis oídos
y hablan de lo que nos queda por pasar.
Y estallan los sentidos
en colores aún por inventar.
Y está claro
no hay razón para dudar
Y rezamos
para no volver jamás.

Compartimos lo que queda
y llegamos al final
en castillos de madera,
de mercurio y de coral.
Y aunque el cansancio pesa
cada día pesa más
por favor jamás nos hagas regresar.

Se acercan mis oídos
y hablan de los que nos queda por pasar.
Y estallan los sentidos
en colores aún por inventar

Y está claro
los demás piensan igual
Y rezamos

para no volver jamás
para no volver jamás y rezamos
para no volver jamás.

Maga
19

con viento del este hiciste una cama,
soplaste sobre ella para templarla.
y con el murmullo de tu voz de agua
me cantabas nanas sin letra.

y dormíamos tan juntos
que amanecíamos siameses.
y medíamos el tiempo en latidos.
y en tus dedos yo tocaba mis canciones,
dedos de teclas de celesta.

y tu pulso tamborileaba en mis sienes y muñecas
como diminutas patas de ciempiés.
y nos repartíamos los labios y los dientes y el hipo,
y del alfabeto, las impares.
y en tus dedos yo tocaba mis canciones,
dedos de teclas de celesta.

Maga
CELESTA

Con esos ojitos me haria un paragüas
que no me lloviera mas que tus miradas
mientras duermas sola en tu cama rala
que no me despierten sino tus mañanas...

y yo sin ti no soy, no hay nada
sin ti ya no, no habrá, no hay nada sin ti...

rozaste mi día con dedos de aguja
con hebras de hilo, con veranos muertos.

y en ese día, tus historias grises y ciegas
me enseñaron que cada segundo es una astilla.

y yo sin ti no soy, no hay nada

sin ti ya no, no habrá, no hay nada sin ti.

y yo sin ti no soy, no hay nada

sin ti ya no, no habrá, no hay nada sin ti.

Con esos ojitos

Con esos ojitos

y yo sin ti no soy, no hay nada

sin ti ya no, no habrá, no hay nada sin ti

Maga
INTENTOS DE COLOR

siempre que me pongo a dibujar
sobre un naranja impar,
como un sueño que no tiene dueño,
voy tejiendo tres intentos de color.

Sólo soy un bicho de cristal,
sólo soy de luz piramidal.
que se pierde cuando no se mueve
y se siente un pez luna en tu interior.

cuando un día sin sol entre en tu habitación...

sólo soy de cera y de papel.
sólo soy lo que no quiero ser.
y no entiendo cómo es que el tiempo
va tejiendo mis intentos de color.
cuando un día sin sol entre en tu habitación...

Nova andaina

Xa estamos de novo. Xa chegou o verán... Eu este ano síntome especialmente enerxizado, certo que non teño un can nin nada pero bo... que me sinto ben, ata me sinto sexy. Non paro de cantar, bailar...
Agardo ter un pouco máis de compromiso con esta paxiniña que me quedara tan mona. Debo agradecer a Bloguia que aínda non me retirase o espacio...
En fin, feliz verán: agardo verte cedo... Un bicoo

Gon e Javi fanme sentir coma El Rei

Gon e Javi fanme sentir coma El Rei

Síntome coma El Rei na Mensaxe de Nadal: síntome enchido de "orgullo e satisfacción"... E iso que son case republicano... :D

Estou feliz e orgulloso dos meus. O curso rematou e os resultados son bos, ou alomenos van mellorando... Moit@s gañáronse a pulso unhas moi felices feiras e outr@s, por andar a medias, terán que empalma-lo verán co curso, aínda que hai tempo para todo...

Estou especialmente feliz e orgulloso por dous das miñas máis queridas alfaias: o Javi e o Gon. Os meus máis sentidos PARABÉNS. Volto dicir que foron auténtico modelo para todos este ano. Responsables, ledos e... premiados. Ámbolos dous sacaron con éxito o Bacharelato e aprobaron, sobradamente, selectividade.

Agora sei que estarán raiados, pese o doce deste momento, con qué facer e que será deles no futuro... Estou certo que van ser xente que triunfarán no que queiran. A xente que amosa a calidade humana que eles amostraron, a intelixencia e sentido común, a sua capacidade de traballo e sacrificio aseguran que nada lles está vetado. Tede a fe en min que mantivestes esta temporada e crede o que vos digo.

A Vida é o camiño. O pracer da vida é vivir, o disfrutar da paisaxe e non chegar a ningures, se acaso, a un mesmo. Non hai erro que non se poida cometer, todos teñen volta. En calqueira caso, de todo se aprende e disfruta... Dígovolo eu, canso xa de errar... Estou certo que cometín unha morea de erros, algún ata grave, pero aínda errado teño sido moi feliz. Se nalgún intre non voltei atrás é porque é máis doado laiarse que dar marcha atrás. Ademáis, volto dicir que ata errado pódese ser feliz...

Non vos aburro máis: ás veces non paro de falar. Agardo seguir disfrutando da compaña de tod@s... Especialmente da de Gon e Javi, persoas as que realmente valoro, e que por deixar, en principio, de xogar no clube teñen unha posibilidade maior de perderen contacto...

Parabéns a tod@s. Felices feriados. Ánimo e sorte. Unha aperta

Citas do Verán

Citas do Verán

O verán non está exento de cousas interesantes para @s amantes freaks do baloncesto. Á marxe das Olímpiadas, cursos de adestradores, campus, partidos da WNBA,... por estes lares disfrutaremos de dous importantes eventos:

- O Torneo Junior de Valença do Minho (Portugal)
- O Clínic para Adestradores Xacobeo 2004 en Santiago de Compostela.

Torneo Junior de Valença

Entre o 9 e o 11 de Xullo, celebrarase o III Torneio Internacional de Juniores en Valença do Minho (Portugal). Participaran 6 equipos portugueses, máis a selección portuguesa cadete e un equipo norteamericano (Connectycut Northstars). Maristas estaba convidado mais tivo que rexeita-lo convite...

Os partidos escomenzan ás 9h ata as 19h o día 9, de 9h a 23,45h o 10 e de 10,30 a 18h o domingo 11. A Gran Final será o domingo 11 ás 16,30h. Estamos a falar sempre de hora portuguesa, -1h. Os partidos xogaranse no "Pavilhao Gimnodesportivo de Valença"...

Clínic Internacional Xacobeo 2004

O grande clínic para adestradores/as da AEEB celebrarase en Santiago de Compostela entre os días 8 e 11 de Xullo, no pavillón do Instituto Rosalía. O director do clínic, Pepe Casal, tivo moito tino na selección de ponentes e temas:

AITO GARCIA RENESES
- Defensa dos bloquexos directos.
- Xogo no poste baixo.
DUSKO IVANOVIC
- Ataque contra zona.
- Conceptos defensivos básicos.
ETTORE MESSINA
- Defensa Individual. Bloquexos indirectos
- Ataque cun quinteto alto.
SERGIO SCARIOLO
- Zona 2-3.
- Ataque con 4 abertos.

Agás o domingo 11, que o clínic é de 10 a 12,30, o resto dos días o horario é de 17 a 20h.
O clínic custa 120€ pero becan ós 150 primeiros inscritos da nosa comunidade.

A ver se nos vemos por alá... Agardo que haxa representación do Clube... Unha aperta

Verbas de Gabo para Vivir Mellor

Verbas de Gabo para Vivir Mellor

1.- Quérote non por quen es, senon por quen son cando estou contigo.

2.- Ningunha persoa merece as tuas bágoas, e quen as mereza non te vai facer chorar.

3.- Só porque alguén non te ame como ti queres, non significa que non te ame con todo o seu ser.

4.- Un verdadeiro amigo é quen te colle da man e che toca o corazón.

5.- A peor forma de extranar a alguén é estar sentado ó seu carón e saber que nunca o poderás tener.

6.- Nunca deixes de sorrír, nin cando esteas triste, porque nunca sabes a quen pode namora-lo teu sorriso.

7.- Podes ser só unha persoa para o mundo, mais para unha persoa ti e-lo mundo.

8.- Non pase-lo tempo con quen non estea disposto a pasalo contigo.

9.- Cicais Deus quera que coñezas moita xente errada denantes de coñecer é persoa axeitada, para que, cando ó fin a coñezas, saibas estar agradecido.

10.- Non chores porque xa rematou, sorrí porque sucedeu.

Cediño LAMATUMBÁ moi pretiño... ¿Imos aló?

Cediño LAMATUMBÁ  moi pretiño... ¿Imos aló?

Ola meus

O pedazo grupo ourensán LAMATUMBÁ vai tocar pretiño de Vigo... ¿Non vos fai ir velos?

Lamatumbá preséntase coma un "grupo galego con sabor a mundo"... A verdade é que a definición é perfecta, pero queda curta. Esquenceron dicir que ten un directo íncrible, que os concertos son pura xoldra e enerxía positiva, que vas velos e xa es un "lamatumbeiro" de toda a vida... Moi impresionante... Dígovolo eu por experiencia, que sen coñecelos fun ó concerto do 30 de Abril na Praza Maior de Ourense e practicamente non escoito outra cousa. Bo directo, bo rollo, excelentes músicos, raigame popular,... Moi impresionante... ¡¡¡ LUMEEEEEEEEE !!!

Lamatumbá ten a axenda repleta para este verán (lóxico). Perto de Vigo pasarán o domingo 4 de Xullo, que tocan ás 22h en Marín... Se non vas a este concerto consulta na súa páxina pero, en principio terías doado ir a Mos, o 28 de Agosto...

Ó Gon e ó Gordo Txon molaríalle montar unha megarromaría con cea, concerto con licor café e cremada de cidade a base de festa rachada... Ponte en contacto connosco... ¡¡¡ LICOOOOOOR CAAAFÉÉÉÉEÉÉÉÉ !!!

Benvind@ á Morada de O Gordo Txon

Benvind@ á Morada de O Gordo Txon

Axé Compañeir@s

Este é o meu blog. Agardo que o disfrutes e compartamos uns intres agradables. Bota un ollo e nun intre te farás co control deste lar da rede...

Cando querades podedes contactar conmigo para, ademáis de le-lo blog, escoita-la miña música en Radio Txon co Winamp, mandar suxerencias, fotos, historias,...

Para que vexades que non hai xeito de escapar de O Gordo...

A minha bençao para tódol@s visitantes, saravá...