Blogia

Voltando a Itaca

Presentación

Presentación

Bo día para comezar este blog ou bitácora. Hoxe erguinme tarde, e tras meterme baixo a ducha, fun a dar un paseo na percura dos xornais do día. Púxenme as gafas de sol e saín cara a zona vella. Nenos con globos e moitos guiris pola Rúa do Franco. Ó chegar ó Toural un mimo facía o seu traballo baixo o sol. Saquei a foto e continuei o camiño. Cheguei ate o Rúa Nova, onde tomei un café mentres lle pegaba unha ollada ás novas do día na Voz de Galicia , fixen un cigarro tranquilo e logo de fumalo saín cara á casa.